mércores, 18 de febreiro de 2015

Visibilicemos ás mulleres

Unha muller excepcional, Concepción Arenal.
Ela chegou a ser unha figura coñecida no Século XIX, -cousa non moi doada para as mulleres e mais na súa época- pero tantas outras non o foron ou o son, mesmo hoxe en día, a pesares de ter feito tanto como calquera home e, seguramente, loitado moito mais, para merecer figurar no "Olimpo da Fama".

Por iso, mentras camiñamos cara ao 8 de Marzo imos poñer o noso graniño de area para visibilizalas.
O plan é moi sinxelo: 
Si sabes dalgunha muller galega que debera ser recoñecida polo seu talento (artístico, científico, técnico, deportivo, etc.) escribe un tuit sobre ela (menciona o seu nome, por qué se coñece e si podes, enlaza a algunha web onde falen dela) empregando o seguinte Hashtag:
Co fin de dalas a coñecer mais aló das nosas fronteiras e tamén de espallar a nosa tarefa de visibilización das mulleres, podes compartir máis - de todolos ámbitos, galegas ou non - engandindo algúns dos seguintes hashtags:

E según proceda:
Etc!

Se non se che ocorren mulleres para a nosa lista, podes investigar en Internet! 
O importante é lembralas e contribuir ao seu recoñecemento nun mundo que, gústenos ou non, sigue a ser bastante "antropocéntrico". 
E se non tes Twitter, non pasa nada, ...podes pedirllo prestado a un@ colega! ou facer unha presentación, vídeo, poster, etc. coas tuas mulleres para a historia - só ou en equipo.

Déixovos co excelente traballo dun grupo de alumnos do IES Frai Martín Sarmiento:

Ningún comentario:

Publicar un comentario